Algunhas das pezas que traballamos na aula son de este libro: Na punta do pe.
Para mais información Pincha aqui!!!
O PINGACHO
É unha danza tradicional do nordés de Portugal aínda que tamén a atopamos no suroeste de Galicia.O ritmo característico é de Xota, ritmo que practicamos na aula.
Trátase dunha danza que inclúe xestos e pantomima e ten un marcado carácter das antigas danzas relixiosas e rituais.
Para máis información podedes consultar o libro que vos recomendamos ao comezo desta páxina. Pero déixovos aquí a partitura, a letra e a música para que o practiquedes.
Letra
Por beilar o pingacho
dorun-me un real.
Por beilar o pingacho
dorun-me un real.
Mas nun me dan nada se o bailo mal.
Beila-lo, beila-lo picorcito.
Beila-lo que te quiero un poquito.
Beila-lo.
Beila-lo de lado
de l'outro costado
cun la delanteira
i tamien de traseira.
Ora assi que te quiero morena
Ora assi que te quiero salada.
O GARUTIÑO
Este xogo-danza de roda é tradicional galego aínda que ten unha clara influencia portuguesa como podedes observar na letra.Xa sabedes: cambiade rápido de parella e a practicar o pasodobre!!!
Letra
Este garutiño que aínda agora entrou,
Este garutiño que aínda agora entrou,
deixadeo bailar que aínda non bailou,
deixadeo bailar que aínda non bailou.
Se aínda non bailou o verde limón,
se aínda non bailou o verde limón,
rapaz que es garoto, rapaz que es pimpón,
agora furta furta que tes a ocasión
agora se non furtas ficarás lambón.
Xa aquí vai roubada xa aquí vai da man.
Xa aquí vai roubada xa aquí vai da man.
Xa aquí vai metida no meu corazón.
Xa aquí vai metida no meu corazón.
O PEZINHO
Esta danza é tradicional de Portugal, pero tamén atopamos diferentes versións na nosa terra. Acordádesvos? Con ela practicamos o ritmo de POLCA.
Aquí podedes atopar a partitura por se vos apetece tocala, o son para cantar con el e a letra.